Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Audición e Linguaxe
 Subjects
  Trat. Educ. dos Transt. da Lingaxe Oral e Escrita II
   Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos e sociais das diferentes capacidades comunicativo-lingüísticas.
A2 Ser capaz de analizar os distintos contextos de escolarización para poder ofrecer diferentes respostas en función das distintas condicións persoais.
A3 Ser capaz de avaliar a competencia curricular nas distintas áreas relacionadas coa comunicación.
A4 Ser capaz de realizar unha avaliación precisa dos niveis de competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicosocial que poidan estar na orixe das súas dificultades comunicativo lingüísticas.
A5 Ser capaz de determinar as necesidades lingüístico-comunicativas dos distintos alumnos ou grupos de alumnos, definindo ámbitos de actuación prioritarios, así como o grao e a duración das intervencións a nivel comunicativo, as axudas e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe dos contidos.
A6 Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas.
A8 Establecer os obxectivos e as etapas dos tratamentos educativos que aplica aos problemas relacionados coa comunicación e a linguaxe.
A9 Aplicar os tratamentos educativos aos problemas da comunicación e da linguaxe cos métodos, as técnicas e os recursos mais eficaces e adecuados.
A10 Ser capaz de promover o desenvolvemento e a aprendizaxe ao longo dos períodos da educación infantil e primaria.
A12 Promover, cooperar e colaborar eficaz e activamente cos equipos de apoio do centro e da comunidade, especialmente cos departamentos ou cos equipos de orientación.
A13 Deseñar, no marco da programación didáctica establecida para o conxunto dos nenos e das nenas do centro, planos de traballo individualizados.
A14 Ser capaz de facer un seguimento dos planos de traballo individualizado ao introducir axustes progresivos nos obxectivos da intervención e ao adecuar os métodos e pautas que se seguirán.
A16 Mostrar unha actitude de valoración e de respecto á diversidade do alumnado, calquera que foren as condicións deste, e promover esa mesma actitude entre aqueles con quen se traballar máis directamente.
A17 Participar eficazmente en procesos de mellora escolar dirixidos a introducir innovacións que promovan unha mellor resposta educativa á diversidade do alumnado.
A18 Procurar información acerca de recursos existentes na comunidade que poidan actuar como apoios indirectos á tarefa educativa.
A19 Traballar colaboradora e cooperativamente co resto do profesorado, cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, e promover a mellor resposta educativa posible para cada caso.
A20 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e os desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A22 Capacidade para recoñecer e respectar a diversidade e a multiculturalidade.
A24 Capacidade para deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A25 Capacidade para desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A27 Capacidade para preparar, seleccionar, construír e utilizar materiais didácticos específicos, incorporando adecuadamente as tecnoloxías da información e da comunicación.
A28 Capacidade para utilizar a avaliación como elemento regulador e promotor da mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe e da propia formación.
A29 Capacidade para realizar actividades educativas de apoio no marco dunha educación inclusiva.
A30 Capacidade para desempeñar a función titorial, orientar os alumnos e os pais e coordinar a acción educativa referida ao seu grupo de alumnos.
A32 Capacidade de relación, comunicación, colaboración e cooperación cos distintos sectores da comunidade educativa.
A34 Ter unha imaxe realista de si mesmo, asumir responsabilidades e tomar decisións fundamentadas.
A36 Compromiso de potenciar o rendemento académico dos alumnos e o seu progreso escolar, no marco dunha educación integral.
A37 Capacidade para asumir a necesidade de desenvolvemento profesional continuo, mediante a reflexión sobre a propia práctica.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Adaptación ás novas situacións.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e de síntese.
B11 Capacidade da procura e do manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e os seus resultados.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para se relacionar positivamente con outras persoas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes