Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A10 A17 B1 B2 B3 B6 B7 B10 B13 C1 C3 C6 C8 Realización de análises metodolóxicas dos métodos e técnicas de recollida de información empregadas en publicacións relevantes en Psicoloxía Aplicada. Séguese a "Guía de análise" que ofrece a materia. (Actividade de equipo). 18
Lecturas A9 A10 A17 B6 B8 Avaliaranse cos traballos tutelados e na proba obxectiva final. 0
Obradoiro B1 B3 B6 B11 B13 C1 C3 C6 Resolución das prácticas iniciadas en clase e rematadas de forma non-presencial. (Actividade de equipo). Sumarase individualmente a asistencia, a condición de que estea por encima do 80 %. 20
Presentación oral A17 B1 B2 B3 B6 B7 B10 B13 C1 C3 C8 Exposición dun dos traballos tutelados (Actividade de equipo). 12
Proba obxectiva A9 B6 B8 B11 B13 Exame final. Proba obxeciva con catro opcións de resposta por cuestión, das que só unha será correcta. 50
 
Observacións avaliación

Importante: Para aprobar será necesario obter, como mínimo, a metade da puntuación total posible en cada unha das metodoloxías de avaliación.

Opción A: As prácticas e os traballos tutelados, así como a exposición oral, realizaranse en equipo.

Opción  B: O alumnado a tempo completo que non alcance o 80 % de asistencia presencial realizará as prácticas e os traballos tutelados de forma individual. A presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.

Opción C: O alumnado a tempo parcial con dispensa de asistencia concedida realizará de forma individual (ou nun equipo con outros/as estudantes na mesma situación) as prácticas e os traballos tutelados. De non existir equipo de estudantes con dispensa, a presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes