Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Subjects
  Information Gathering Methods and Techniques in Applied Psychology
   Sources of information
Basic

Texto básico da materia: Reporting Standards for Research in Psychology, APA.

MANUAL DE APOIO:

NAVAS ARA, M. J. (coord.)(2002). Métodos, diseños y técnicas de investigación psicológica. Madrid: UNED.

Libro pensado para o ensino non-presencial, que abrangue practicamente todos os temas relacionados coa metodoloxía de investigación, dende unha introdución sobre o método científico ás distintas metodoloxías e o seu emprego, pasando pola construción de instrumentos de medida.

OUTROS TEXTOS RECOMENDADOS:

LEÓN, O. y MONTERO, I. (2000). Diseño de investigaciones. Madrid: McGraw-Hill.

Libro de lectura doada e amena, con múltiples exemplos. Moi recomendable.

DELGADO, A. R. y PRIETO, G. (1997): Introducción a los métodos de investigación de la Psicología. Madrid: Pirámide.

Libro breve y sencillo que aborda una buena parte de los contenidos incluidos en el programa.

FONTES, S.; GARCÍA, C.; GARRIGA, A. J.; PÉREZ-LLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2001): Diseños de investigación en Psicología. Madrid: UNED.

Libro breve e sinxelo que aborda unha boa parte dos contidos incluídos no programa..

GARCÍA, C.; QUINTANILLA, L.; GARRIGA, A. J.; FONTES, S.; PÉREZLLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2003): Diseños de investigación en Psicología. Cuaderno de Prácticas. Madrid: UNED.

Trátase dun Caderno de Prácticas elaborado para esa materia da titulación de Psicoloxía que acompaña á obra do mesmo título realizada por Fontes e col. (2001). Nel ofrécense numerosos extractos de investigacións sobre as que se propoñen distintas actividades aos lectores.

GARCÍA, M.; IBÁÑEZ, J. y ALVIRA, F. (comp.) (1994): El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (2.a ed.). Madrid: Alianza.

Manual cunha perspectiva sociolóxica no que se aborda a análise da realidade social considerando os deseños e a forma de recoller e analizar posteriormente os datos. Examínanse as metodoloxías incluídas no programa, cun peso maior á cualitativa e á de enquisas, un capítulo para a metodoloxía observacional e algunha referencia á metodoloxía experimental, pouco utilizada no ámbito do que trata o libro.

MELTZOFF, J. (2000): Crítica a la investigación. Psicología y campos afines. Madrid: Alianza.

Libro claro e didáctico organizado en dúas partes. Na primeira revísanse todas as fases implicadas na realización dunha investigación. Na segunda proponse un conxunto de 16 artigos ficticios creados polo autor e con erros que o lector debe detectar, se ben cada artigo vai seguido dun comentario do autor onde se sinalan unha boa parte deles.

MERINO, J. M.; MORENO, E.; PADILLA, M.; RODRIGUEZ-MIÑÓN, P. y VILLARINO, A. (2001): Análisis de datos en Psicología I. Madrid: UNED.

Libro concibido expresamente para o estudo a distancia da estatística descritiva, moi claro e didáctico, cheo de exemplos sinxelos e aclaracións, que resultará de grande utilidade para o alumnado que se achega por vez primeira a eses conceptos estatísticos.

Complementary

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes