Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Motivación e emoción en contextos educativos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Motivación e emoción en contextos educativos Código 652438005
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
antonio.valle@udc.es
Profesorado
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
antonio.valle@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura abórdase o estudo das variables afectivo-motivacionais que teñen unha maior relevancia en contextos educativos. Preténdese que os alumnos/as coñezan as princiales aportacións teóricas e as liñas de investigación máis relevantes no campo da motivación e a emoción.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non sufren ningunha modificación sustancial. De todos modos, incidirase en todo momento na comprensión por parte do alumnado daqueles contidos centrais e máis importantes da asignatura, o cal será unha prioridade nas sesións de Teams e tamén a atención personalizada do alumnado. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías mantéñense, ainda que cambia na maior parte delas o formato de presentación das mesmas (que se indica a continuación) *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: sesión semanal a través de Teams para presentación e discusión de contidos. A análise de fontes documentais e o desenvolvemento de traballos tutelados farase mediante traballo non presencial, acordando co alumnado, si é necesario, ter algunha sesión de titoría para estes traballos tutelados. O profesor responsable da materia recepcionará para a sua avaliación a través de mail estes traballos unha vez rematados. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ademais de estar a disposición do alumnado nas titorías que se soliciten vía Teams, manterase aberto o contacto via mail co alumnado. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as liñas xerais da avaliación, ainda que se establece algún pequeño cambio que se indica a continuación. *Observacións de avaliación: A proba de resposta múltiple desenvolverase vía online, a través de Teams, na data oficial dos exames que marca o Mestrado. O resto de actividades obxecto de avaliación serán enviadas polo alumnado vía mail, previo acordo con eles das datas previstas de envío de traballos. O resto de actividades obxecto de avaliación serán enviadas polo alumnado vía mail, previo acordo con eles das datas previstas de envío de traballos. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes