Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Os modelos mentais nas relacións de apego
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A14 A15 C1 C2 C3 Calidade dos documentos entregados 70
Solución de problemas A3 A8 A14 A15 A16 B8 C1 C2 C3 presentaranse vídeos e instrumentos de avaliación do apego onde o alumnado deberá concluir y razoar o tipo de apego que se deriva en cada situación 30
 
Observacións avaliación

O alumnado que, tendo recoñecida a dispensa académica (solicitude previa na Administración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.

Implicacións da fraude académica/plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes