Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicoloxía social da saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A4 A5 A7 A11 A12 A13 C3 C6 Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías
30
Presentación oral A7 B1 C3 C6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal do alumnado expoñendo cuestións, facendo aclaracións e traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías
20
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A20 B1 C3 C6 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Esta referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.


Se o alumno supera satisfactoriamente a avaliación dos traballos tutelados, eximiráselle da realización da proba de ensaio, nese caso esta metodoloxía supoñerá o 75% da cualificación
50
 
Observacións avaliación

Convocatoria ordinaria

A nota final será a suma de todas as metodoloxías. Todas ás tareas deben ser entregadas na data fixada  o inicio do cuatrimestre. É necesario aprobar cada unha das partes para poder superar a asignatura

Convocatoria Extraordinaria

O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias. O alumnado poderá gardar a nota das metodoloxías que teña superadas e repetir aquelas que non superase.

Todas as tareas deberán ser entregadas  no campus virtual como  fecha tope o día e hora do examen  oficial de  fixado en xunta de centro.

Alumnado con asistencia parcial  ou dispensa académica : 

O sistema de avaliación será o mesmo que nos casos anteriores. Además, deberá poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para substituir a sesión maxistral por  tareas consistentes en estudio de casos ou traballos tutelados

REALIZACIÓN FRAUDULENTA (PLAXIO) DAS PROBAS DE AVALIACIÓN: 

 Aplicarse o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes