Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicofarmacoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A12 B6 B8 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame 8.75
Seminario A16 B1 B3 B5 B6 B15 B16 C1 Asistencia obrigatoria para presentar o traballo. No caso dos estudiantes con dispensa de asistencia, presentación do traballo a través da plataforma Teams 0
Traballos tutelados A3 A16 B1 B2 B3 B5 B15 C1 C3 C8 Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos os integrantes do grupo. Se valorará sempre que se aprobe o exame 40
Solución de problemas A2 A7 A13 B1 B6 B8 C3 C6 Valorarase a asistencia e a participación, sempre que se aprobe o exame 1.25
Proba mixta A2 A12 B1 B6 C1 Exame: cuestionario con preguntas de respuesta curta e/ou tipo test. Para os estudantes que non asistan ás sesións maxistrais e seminario de problemas por ter dispensa de asistencia, esta proba suporá o 60% da cualificación final. É necesario aprobar este exame para superar a asignatura 50
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia: Entregar e expoñer o traballo tutelado, obter unha puntuación mínima dun 50% do peso do exame, e obter unha puntuación mínima global do 50% do total da materia.

Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado na data que se estableza (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de
material non orixinal, incluído aquel obtido a través
da internet, sen indicación expresa da súa procedencia, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo
iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento.

En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos
idiomas, prevalecerá a versión en español.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes