Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Serve para avaliar a claridade e concreción dos contidos avaliados, sobre todo conceptuais, tamén para observar e avaliar o grado de claridade de exposición, traballo e elaboración dos contidos en canto ao ensino e aprendizaxe. Con este obxeto plantearase unha exposición e organización dos contidos en forma de esquemas e contidos inclusores máis significativos e vertebrais nos temas que se expoñan; tamén en canto ao rigor científico posibilitando a claridade dos conceptos utilizados e a sua aplicación práctica tanto puntual como en secuencias de aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC O máster implica a práctica e a aprendizaxe práctica en canto á demanda e atención de calidade e á carta; os recursos como as TIC posibilitan una achegamento rápido e adecuado a cada momento en que a persoa o necesite e demande; para ilo, os principios de aprendizaxe en canto a acción participativa, motivo e necesidade son fundamentais para entender e comprender en que consiste este tipo de axuda e apoio así como a adecuación das prácticas basadas na calidade e o rigor científico. Con este obxeto, a psiciloxía aplicada exixe o desenvolvemento de prácticas adaptadas a cada situación así como a proposta de medios eficaces e rápidos que permitan esta aprendizaxe e contacto real, únicos e imprescindibles para aprender a intervir así como avaliar nestes contextos específicos da materia que aprendemos.
Aprendizaxe colaborativa O campo profesional e investigador da internveión e avaliación implica un recoñecemento á inter e multidisciplinariedade; é por este motivo que o traballo en equipo, o desenvolvemento de actitudes e habilidades para actuar neste ámbito obliga a plantearse certas habilidades e actitudes de aprendizaxe permanente e creativa; no ámbito actual é necesario recurrir a aprendizaxe creativa, a aprender cos e dos demais polo que a aprendizaxe colaborativa ten que ser un ámbito continuo de entrenamento e estimulación; aprender dos demáis é a única vía posible para millorar neste campo así como o de permitir un continuo aprendixaxe imprescindible cando se trata de axudar ou de poder prestarlle atención a outra persoa.
Estudo de casos sobre o contidos dos temas analizanse casos co obxeto de proceder á sua análise e estudio no que se solicitará comunicación funcional, rigor e empatía
Proba de ensaio Realizarase sobre un caso proposto, pregunta de investigación ou problema sobre o que realizar un ensaio científico no que se avaliarán os criterios e exposición, organización e aplicación así como as reglas do ensaio científico actuais
Discusión dirixida Dado que un máster é un ciclo de ensino superior, non cabe dúbida que o debate e participación implica interés, esforzo e curiosidade pola aprendizaxe en equipo de persoas que poden saber mais que un; tamén do recoñecemento da aprendizaxe continua e do marxe de millora que un sempre ten. A discusión como dinámica de grupos permite elaborar, reestructurar ou crear novos esquemas de coñecemento polo que o protagonismo das persoas debe ser máximo en canto ás anteriores estratexias
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes