Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A5 A12 A13 A14 B16 C3 Avaliarase a participación, o interés, o esforzo pola aprendizaxe así como a capacidade de tomar decisións, participar na busca de solucións, contestar e responder de forma constructiva e crítica 10
Traballos tutelados A18 A9 B11 B15 B17 C3 C5 Realizaranse diversas prácticas de avaliación e intervención en relación ás diferentes dificultades de aprendizaxe estudadas durante o curso. 20
Proba mixta A1 A11 A20 B2 B4 C4 C6 Trátase dunha proba escrita con preguntas tipo test de opción múltiple e preguntas abertas de resposta breve sobre os contidos teóricos abordados ao longo do curso. 50
Aprendizaxe colaborativa A8 A15 A17 B5 B10 B14 C1 C2 A aprendizaxe continua, o desenvolvemento de habilidades de axuda, a aprendizaxe creativa, a empatía e a calidade de aprendizaxe serán avaliadas de forma continuada ao longo do período de clase. 10
Lecturas A4 A14 A17 B11 C1 Ao longo do curso o profesor irá sinalando algunhas lecturas obrigatorias para a súa análise na aula. 10
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%:

a) Elaboración e presentación de traballos (traballos tutelados, lecturas, aprendizaxe colaborativa, discusión dirixida) (50%). Os traballos compilaranse nun dosier que será entregado para a súa avaliación na data indicada polo profesor.

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes