Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Comunicación aumentativa e alternativa no contexto da educación especial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A13 B12 Para superar a materia, o alumnado realizará unha proba escrita con preguntas tipo test e preguntas de resposta breve sobre os contidos da materia. 70
Presentación oral A13 B2 B10 C3 O alumnado, por grupos, realizará unha presentación oral dos contidos propostos ante o resto dos compañeiros.
Valorarase a calidade da exposición, a relevancia dos contidos seleccionados na presentación e a demostración da súa comprensión.
15
Análise de fontes documentais C4 Ao longo do curso iranse propoñendo distintas tarefas e actividades (lecturas, traballo con materiais, documentos audiovisuais, etc.) sobre as que o alumnado deberá traballar tomando en consideración as orientacións do profesorado. 15
 
Observacións avaliación

OPCIÓN
A

Alumnado
con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase
igual ou superior ao 80%:

a)
Elaboración e presentación de traballos (30%).

b)
Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%).

OPCIÓN
B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, 
segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos
estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña"
 (aprobada
en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS
ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada
unha das partes obxecto de avaliación (presentacións, traballos e exame).

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria
de maio. 

3.
Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o
19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso
académico. 

Así,
será cualificado como “Non presentado” cando:

a)
Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na
guía docente, ou

































b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes