Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
 Asignaturas
  A investigación educativa desde unha perspectiva cuantitativa
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A1= Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos críticos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. A2= Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico e de comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades; seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación cualitativa, cuantitativa e orientadas ó cambio e á innovación. A3 = Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ó estudante continuar estudando dun modo autónomo e que facilite a autoaprendizaxe continua, de modo que poida desenvolver un proxecto de investigación no campo da educación de acordo ós principios éticos que o sustentan. A5= Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de innovación, orientación e avaliación educativa e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa mesma. A6 = Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. A7 = Ser capaz de planificar e desenvolver unha investigación seguindo os pasos do método científico, utilizando os diferentes métodos de acordo co problema a resolver e aplicando as técnicas de recollida e análise de datos mediante a utilización dos recursos informáticos como ferramentas para a análise de datos. A11 = Deseñar e realizar investigacións educativas tanto con metodoloxías cuantitativas como cualitativas para identificar problemas e necesidades. A12=Deseñar sistemas de calidade educativa e elaborar planos estratéxicos a nivel directivo, táctico e operativo que impliquen asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas. AI15 = Elaborar documentos científicos a partir dos resultados da avaliación e investigación educativa. A16=Xerar coñecementos e capacidades científicas para elaborar proxectos de innovación educativa que incrementen a xustiza social nos ámbitos do xénero, a multiculturalidade, a discapacidade, a clase social e a identidade asociada a calquera característica humana. A20= Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación en educación cunha finalidade estratéxica e contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento. AI21 = Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ó ensino das ciencias, tanto na investigación como na innovación e avaliación. A22 =Demostrar unha comprensión do marco teórico que debe dirixir e orientar a investigación e innovación no Ensino das ciencias, empregando rigorosamente os métodos empregados pola Didáctica das ciencias, así como as habilidades técnicas necesarias para dotarlle do rigor científico acorde á área de coñecemento. AI2
AI3
AI4
AI5
AI6
AI7
AI11
AI12
AI15
AI16
AI20
AI21
AI22
AI23
B1 = Capacidade de análise e síntese. B2= Capacidade de adaptación a situacións novas. B3 =Traballar de forma autónoma e con iniciativa. B4 =Traballar de forma colaborativa. B5 =Capacidade de organización e planificación. B7 = Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como investigador. B8 =Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento. BI1
BI2
BI3
BI4
BI7
BI8
C1 = Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C2= Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C3 = Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C6 = Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C8 = Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM1
CM2
CM3
CM6
CM8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes