Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
 Asignaturas
  A Investigación na orientación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa orientación. AI1
Ser capaz de concibir e deseñar un proceso substancial de investigación con rigor científico seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación na orientación. AI3
Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de orientación e métodos de investigación relacionados coa mesma AI5
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. AI6
Capacidade de análise e síntese. BI1
Traballar de forma autónoma e con iniciativa. BI3
Traballar de forma colaborativa. BI4
Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento. BI8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8
Ser capaz de identificar as principais liñas de investigación en orientación e de analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación utilizados. AI30
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes