Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
 Asignaturas
  Investigación avaliativa en programas e servizos educativos
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Innovación, orientación e avaliación educativa.
A5 Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de innovación, orientación e avaliación educativa e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa mesma.
A14 Utilizar de maneira creativa as novas tecnoloxías para optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe e orientación profesional, e deseñar sistemas para educación con base en Internet.
A20 Proporcionar unha preparación científica de vangarda en innovación, orientación e avaliación que permita avanzar na converxencia integrada entre políticas de innovación, estratexias de avaliación e planes de orientación.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B3 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B4 Traballar de forma colaborativa.
B5 Capacidade de organización e planificación.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como investigador.
B8 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes