Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación en dramatización, historia e sociedade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Os e as estudantes elaborarán unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas e/ou etiquetadas que conterá os rexistros e materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alunado ao longo do curso, o que permitirá considerar o progreso dos e das estudantes. Nel incluirase o que fai o alunado nas aulas (apontamentos e notas de aula), os traballos realizados na aula e os que se propoñan, a elaboración en Powerpoint dunha apresentación individual dun traballo que se determinará nas sesións aulares, as aprezacións sobre os atendimentos realizados e todas as actuacións e accións realizadas como froito do desenvolvimento aular (resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do progreso do alunado realizado polo profesor, etc.)
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso dos meios audiovisuais e a introdución dalgunhas perguntas dirixidas cara ao e á estudante coa fin de transmitir coñecimentos e facilitar a aprendizaxe. Estas aulas serán principalmente expositivas, anque se combinarán con actividades que sexan quen de fomentar a participación do e da estudante.
Traballos tutelados Trátase dunha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos e das estudantes, baixo o atendimento do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente cara á aprendizaxe de como facer as cousas, para poder desenvolver o portafolio. Constitúe unha opción baseada na asunción, por parte dos e das estudantes, da responsabilidade da súa propria aprendizaxe. Tal sistema de ensino baséase nunha aprendizaxe independente dos e das estudantes e nun seguimento desta aprendizaxe polo profesor-titor. Os atendimentos serán obrigatorios, alomenos un durante o curso e pasado o ecuador da cadeira.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes