Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
 Study programme competences


TypeA Code  
  Research guided
  AR1 Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Innovación, orientación e avaliación educativa.
  AR2 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos críticos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  AR3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico e de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades; seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación cualitativa, cuantitativa e orientadas ó cambio e á innovación.
  AR4 Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ó estudante continuar estudando dun modo autónomo e que facilite a autoaprendizaxe continua, de modo que poida desenvolver un proxecto de investigación no campo da educación de acordo ós principios éticos que o sustentan.
  AR5 Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de innovación, orientación e avaliación educativa e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa mesma.
  AR6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  AR7 Ser capaz de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento, a innovación nos procesos educativos, a avaliación e o cambio.
  AR8 Ser capaz de aplicar os métodos e técnicas da avaliación de competencias profesionais como instrumentos de diagnóstico en orientación profesional.
  AR9 Posuír e aplicar coñecementos teóricos e metodolóxicos que permitan ó estudante promover o cambio e innovación na institución escolar a partir da avaliación da calidade dos centros educativos.
  AR10 Ser capaz de planificar e desenvolver unha investigación seguindo os pasos do método científico, utilizando os diferentes métodos de acordo co problema a resolver e aplicando as técnicas de recollida e análise de datos mediante a utilización dos recursos informáticos como ferramentas para a análise de datos.
  AR11 Deseñar e realizar investigacións educativas tanto con metodoloxías cuantitativas como cualitativas para identificar problemas e necesidades.
  AR12 Deseñar sistemas de calidade educativa e elaborar planos estratéxicos a nivel directivo, táctico e operativo que impliquen asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas.
  AR13 Utilizar de maneira creativa as novas tecnoloxías para optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe e orientación profesional, e deseñar sistemas para educación con base en Internet.
  AR14 Deseñar e realizar avaliacións de programas ou institucións educativas que contribúan a unha mellora da calidade.
  AR15 Elaborar documentos científicos a partir dos resultados da avaliación e investigación educativa.
  AR16 Xerar coñecementos e capacidades científicas para elaborar proxectos de innovación educativa que incrementen a xustiza social nos ámbitos do xénero, a multiculturalidade, a discapacidade, a clase social e a identidade asociada a calquera característica humana.
  AR17 Desenvolver temáticas propias da Sociedade da Información aplicadas á educación para promover a igualdade social e rexional, e a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns e das cidadás.
  AR18 Preparar ós futuros investigadores para a transformación e innovación do sistema educativo formal e da educación non formal e responder ós retos que a Sociedade da Información xera, aproveitándose das posibilidades que ofrecen as telecomunicacións para a aprendizaxe.
  AR19 Proporcionar unha preparación científica de vangarda en innovación, orientación e avaliación que permita avanzar na converxencia integrada entre políticas de innovación, estratexias de avaliación e planes de orientación.
  AR20 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación en educación cunha finalidade estratéxica e contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento.
  AR21 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ó ensino das ciencias, tanto na investigación como na innovación e avaliación.
  AR22 Demostrar unha comprensión do marco teórico que debe dirixir e orientar a investigación e innovación no Ensino das ciencias, empregando rigorosamente os métodos empregados pola Didáctica das ciencias, así como as habilidades técnicas necesarias para dotarlle do rigor científico acorde á área de coñecemento.
  AR23 Desenvolver recursos comunicativos para transmitir de forma comprensiva coñecementos sobre educación física, saúde e calidade de vida, dramatización e expresión corporal, tanto no ámbito científico como no social.
  AR24 Ser capaz de desenvolver a innovación educativa e metodoloxía de investigación nos ámbitos da educación física e da dramatización e a expresión corporal a través da investigación e a avaliación.
  AR25 Coñecer e someter a análise as políticas educativas valorando os seus condicionantes, limitacións e posibilidades.
  AR26 Afondar nos modelos pedagóxicos e as políticas de benestar que regulan contextos educativos emerxentes.
  AR27 Deseñar proxectos educativos innovadores en contextos educativos clásicos e emerxentes.
  AR28 Elaborar e desenvolver modelos teóricos e estratexias pedagóxicas que sustenten procesos innovadores de dinamización educativa.
  AR29 Adquirir e saber aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos que capaciten ó alumnado para promover procesos de acción socioeducativa no contexto institucional e xeográfico da Administración Local.
  AR30 Ser capaz de identificar as principais liñas de investigación en orientación e de analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación utilizados.
  AR31 Ser capaz de deseñar un programa de orientación profesional aplicando os coñecementos teóricos e a dimensión de xénero.
  AR32 Adquirir os fundamentos dunha Educación Ambiental para un Desenvolvemento Sustentable e elaborar propostas metodolóxicas educativas relativas á temática socioambiental, mediante a investigación e a innovación.
TypeB Code  
  Research guided
  BR1 Capacidade de análise e síntese.
  BR2 Capacidade de adaptación a situacións novas.
  BR3 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
  BR4 Traballar de forma colaborativa.
  BR5 Capacidade de organización e planificación.
  BR6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos formais e non formais.
  BR7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como investigador.
  BR8 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes