Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
 Asignaturas
  Neuroloxía da Linguaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 Asistencia a clase, participación, avaliación continuada a través de preguntas escritas. 30
Traballos tutelados A5 C6 Realización e exposición nas clases de traballos sobre temas propostos polo profesor 40
Proba obxectiva A4 Exame 30
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase de forma individualizada en cada unha das materias do máster.

A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada

estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan

programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por

materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos

realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará

dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao

finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada

profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en

os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media

das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será

ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais

de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como

parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total

asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos criterios

seguintes:

Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10%

Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%

Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes