Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Asesoramento e desenvolvemento profesional
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A2 Ser capaz de asesorar centros, profesionais, familias e institucións co fin de axudar a resolver problemas educativos e promover a innovación
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
B3 Capacidade de resolución de problemas
B6 Traballar de forma autónoma e con iniciativa
B7 Traballar de forma colaborativa
B11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes