Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Metodoloxías de investigación orientadas á innovación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o analisis dos mesmos. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Sesión maxistral Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos.
Solución de problemas Trátase de resolver diferentes problemas que se expoñan en relación cos contidos da materia, tanto desde o punto de vista máis teórico como práctico. levará a cabo en clase e baixo a supervisión da profesora. Desta forma leva a cabo unha avaliación continua para comprobar se se entende o explicado en clase e sábese aplicar a diferentes situacións.
Proba de resposta breve Realizarase unha proba obxectiva na que o estudante demostrará os coñecementos adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes