Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Estudo de necesidades e avaliación de programas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B10 B4 C1 C3 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
Portafolios do alumno A8 B1 B4 B5 C1 C3 C7 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 30
Proba de resposta múltiple A8 A9 B10 Prueba objetiva que consiste en formular una cuestión en forma de pregunta directa o de afirmación incompleta, y varias opciones o alternativas de respuesta que proporcionan posibles soluciones, de las que solo una de ellas es válida. 40
 
Observacións avaliación

Para que o alumnado poida ser avaliado segundo a planificación anterior, débese ter unha asistencia do 80% ás clases. 

Para aprobar a materia deberán ter superada cada unha  das partes (portafolios, traballos tutelados, proba de resposta múltiple), é dicir un 1.5 no portafolios, un 1.5 nos traballos tutelados, e un 2 na proba de resposta múltiple.

O alumnado que non cumpra o anterior criterio (80% de asistencia), deberá realizar o portafolio (no que se recollan as diferentes prácticas que se realizan na materia) que será o 60% da cualificación final e a proba de resposta múltiple (40%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes