Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Deseño e interpretación de probas diagnósticas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Actividades iniciais Actividade que se desenvolverá antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao deseño e interpretación de probas diagnósticas. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais O alumnado realizará unha análise de documentos relevantes que amplíen a comprensión de conceptos básicos da materia e permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre o deseño e a interpretación de probas diagnósticas.

Esta actividade desenvolverase en grupos de traballo (número segundo o número de alumnado), desenvolvéndose en cada grupo unha temática específica.
Estudo de casos Mediante esta metodoloxía, o alumnado é exposto a enfrontarse ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través de un proceso de discusión. Trátase dun problema concreto, unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación dos coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Poderase combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes