Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Deseño e interpretación de probas diagnósticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 Valorarase segundo os seguintes criterios:
1. Riqueza bibliográfica (número de referencias e estudios manexados, revistas de calidade, referencias recentes, principalmente dos últimos 5 anos, bases de datos estranxeiras e nacionais).
2. Capacidade de síntese e precisión na narración escrita.
3. Utilización adecuada das Normas APA 6ª ed.

A actividade levarase a cabo en grupos.
20
Proba obxectiva A6 B5 B10 B11 B12 C6 C1 Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos por medio dunha proba obxectiva que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
50
Estudo de casos A9 B5 B10 B11 B12 C6 O caso ou casos traballados serán avaliados na súa presentación oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo.
Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
30
 
Observacións avaliación
Para que o alumnado poida ser avaliado segundo a planificación anterior, débese ter unha asistencia do 80% ás clases.
- Alumnado asistente: Para aprobar a materia deberán ter superada cada unha das partes (análise de fontes documentais, estudo de caso, proba obxectiva); isto é, esto es: 1 sobre 2 en análise de fontes documentais, un 1.5 sobre 3 en estudo de casos y un 2.5 sobre 5 na proba obxectiva.
- Alumnado non asistente: O alumnado que non cumpra o criterio do 80% de asistencia, deberá realizar as actividades prácticas (análise de fontes documentais e estudo de casos) de modo autónomo, e será avaliado mediante unha proba obxectiva na que se incluirán contidos relacionados coas ditas actividades prácticas. Esta proba suporá o 100% da cualificación final, e deberá acadar o 50% da nota para aprobar (é dicir, un 5 sobre 10).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes