Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Necesidades de formación no ámbito laboral
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Necesidades de formación no ámbito laboral Código 652511220
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Profesorado
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/xmalheiro/
Descrición xeral Esta asignatura está orientada a afondar na relación que existe entre o mundo da formación e o do traballo. E especialmente, explorando as posibilidades de intervención que ofrece, desde o punto de vista profesional, tanto a formación para o traballo ou ocupacional, como a formación no traballo, ou continua.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as metodoloxías docentes, adaptadas se é do caso á un eventual regreso á situación virtual. No caso da proba de ensaio, a dita proba constará de 5 cuestións que o alumno/a deberá elaborar nun prazo de 5 días. Ao cabo de dito prazo (ou antes, se é da súa vontade), o alumno/a remitirá vía mail a proba elaborada, para poder ser revisada e avaliada polo profesor. Para a elaboración de dita proba, empregaranse como base os materiais de clase e a bibliografía recomendada, tal como se procedeu na primeira oportunidade. En data oportuna, o profesor enviará vía Moodle as 5 cuestións ao alumnado, establecendo o prazo de entrega, e quedando á súa disposición para calquera dúbida ou dificultade de procedemento durante o proceso de resolución da proba. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Non hai modificacións nos mecanismos de atención personalizada, priorizando sempre que as condicións sanitarias o esixan, as titurías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente. Correo electrónico. Empregarase o correo electrónico para realizar consultas sobre os contidos da materia ou cuestións puntuais de organización que non se contemplen na Guía docente. Agás un asunto ou problema urxente, tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario dedicado a atención de alumnado e titorías establecido. Moodle: a través da plataforma se distribuirán os materiais necesarios para o desenvolvemento das tarefas así como as instrucións complementarias precisas. Teams: - 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade. - Sesións individualizadas en horario de titorías para resolver dúbidas ou problemas relacionados coos contidos ou organización das tarefas encomendadas. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación, agás a forma de realizar a proba de ensaio, segundo se establece no punto 2. *Observacións de avaliación: Non hai modificacións nas observacións de avaliación 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Primarase a utilización e consulta de bibliografía mediante libros e artigos de revistas de acceso dixital, como xa viña sendo habitual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes