Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
  AP2 Ser capaz de asesorar centros, profesionais, familias e institucións co fin de axudar a resolver problemas educativos e promover a innovación
  AP3 Capacidade para considerar as múltiples variables intrapersoais, interpersoais e contextuais que inciden no proceso de ensino-aprendizaxe e para avaliar e intervir na mellora dos recursos motivacionais.
  AP4 Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade
  AP5 Planificar a intervención educativa en diferentes contextos, identificando e interpretando as dificultades e trastornos que poidan xurdir no proceso de ensino-aprendizaxe.
  AP6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
  AP7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
  AP8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
  AP9 Desenvolver estratexias, técnicas e recursos para a prevención, detección e avaliación de necesidades específicas de atención educativa
  AP10 Fomentar a investigación-acción para mellorar as prácticas educativas e profesionais favorecendo o traballo cooperativo
  AP11 Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares
  AP12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
  AP13 Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar procesos de investigación educativa, utilizando os métodos máis apropiados á natureza do problema, á finalidade da investigación e os criterios científicos máis adecuados, con especial énfase nos procesos de investigación na aula
  AP14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
  AP15 Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida
  AP16 Coñecer os principios básicos do comportamento, as súas alteracións, e colaborar no deseño de programas de promoción da saúde
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Capacidade de creatividade e innovación
  BM2 Aprender a aprender
  BM3 Capacidade de resolución de problemas
  BM4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
  BM5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
  BM6 Traballar de forma autónoma e con iniciativa
  BM7 Traballar de forma colaborativa
  BM8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
  BM9 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BM10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BM11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BM12 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BM13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes