Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Convivencia. mediación e resolución de conflitos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Convivencia. mediación e resolución de conflitos Código 652512202
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Blanco, Concepcion
Correo electrónico
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
Profesorado
Sanchez Blanco, Concepcion
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento das sociedades do mundo e da convivencia humana a través do tempo, ata o actual período histórico de modernidade tardía, serve de telón de fondo para comprender o papel chave que xoga a convivencia e a mediación e resolución de conflitos nas institucións socioeducativas, así como a condición cidadá de quen participa nas mesmas. Trátase de situar a convivencia no seu xusto marco de aproximación conceptual e de elaboración práctica e activa, pois dito marco é máis amplo, complexo e dinámico do que a miúdo parece: transcende a cultura escolar e as distintas institucións educativas en xeral, englobando outros ámbitos formais e non-formais de acción e produción sociocultural, como son a educación en familia, a cultura popular da comunidade local, os medios de comunicación de masas, e as diversas institucións do Estado. Este grande marco atópase, a súa quenda, dentro doutro contexto aínda máis amplo de política internacional e transnacional que se move ao ritmo dun sistema económico cada vez máis globalizado: o capitalismo neoliberal. Neste escenario mundial de ámbitos tan interdependentes e complexos —e de recursos naturais finitos—, a conflitividade xurde desde os desequilibrios de poder entre colectivos e individuos con intereses diverxentes. Mais non son os conflitos, per se, o que ameaza o benestar, pois os conflitos son un aspecto natural das relacións humanas. A violencia e o dano xurden das formas en que ditos conflitos son abordados. Se son intervenidos de xeito pacífico poden incluso resultar creativos e produtivos á hora de procurar unha harmonía cosmopolita entre movementos migratorios, loitas polos dereitos humanos, e vivenzas desde a diversidade de crenzas relixiosas, identidades de xénero, falas e prácticas étnicas deste mundo. O alumnado desta materia aprenderá a afrontar con creatividade este escenario a través da cultura da paz e da nonviolencia para así fomentar unha convivencia óptima tanto nos ámbitos socioeducativos intervidos, como, por extensión, nas comunidades multiculturais que os rodean.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes