Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Modelos de xestión de calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 B7 B10 B11 B15 B16 B17 B18 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta incluirá todo o realizado polo alumnado mediante a metodoloxía de aprendizaxe colaborativa. 100
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


Cada unha das prácticas deberá constar de:
* Instrucións da práctica.
* Desenvolvemento da práctica.
* Reflexión persoal sobre as metodoloxías docentes empregadas na realización da práctica. (O profesorado publicará en moodle unha listaxe das principais metodoloxías docentes que se poden empregar así como a explicación de cada unha delas): cáles empreguei e por qué.
* Reflexión persoal sobre os contidos desenvolvidos: qué aprendín mediante a realización desta práctica, qué sei facer agora,...
* Reflexión persoal sobre as competencias adquiridas coa realización da práctica con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia): cáles adquirín, cáles non e por qué.
* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos da práctica desenvolvida ao mundo da dirección de centros escolares e socioeducativos, qué aprendín con esta práctica para o meu futuro profesional,...
* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas: en concreto (indicar se se acudiu a algunha titoría, momento e lugar da dita titoría para o desenvolvemento de cada práctica, desenvolvemento do proceso de titoría e decisións persoais tomadas con respecto á orientación facilitada por parte do profesorado) e en xeral (adecuación do horario de titorías, trato recibido, valoración xeral).
* Valoración da temporalización do desenvolvemento da práctica.
* Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,... Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser
posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.

O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (traballo colaborativo) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non asistente e deberá presentar as tres prácticas obrigatoriamente(que deberán ser avaliadas como aptas) e realizar unha proba escrita da totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes