Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos pequenos para a resolución dos problemas plantexados na aula
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Presentación oral Presentación dos traballos de clase
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes