Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B2 B3 B7 B10 Analizaranse fontes documentais relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. 20
Presentación oral B2 B3 B7 Exposición oral dos traballos realizados. 10
Aprendizaxe colaborativa B8 C7 Realizaranse traballos en grupo relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. 20
Proba obxectiva B3 B10 B12 B14 B15 B16 B17 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
40
Discusión dirixida B2 B3 B13 B14 B15 B18 C3 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. 10
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA: A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria (> 80%). O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado á clase.

Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para esto, fai falta solicitar unha tutoría, antes ou inmediatamente despis do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividade de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento.

REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA:

- Acalificación final será o resultado da puntuación obtida nas actividades realizadas (prácticas a través de TIC, solución de problemas), a asistencia a clase (ata un máximo de 1 punto) e da proba mixta, sendo indispensable obter a metade da cualificación en cada parte para superar a materia. Se un/a alumno/a non obten o mínimo nalgunha das parte da materia, terá unha calificación de 4 (calquera que fora a súa cualificación) na 1ª oportunidade.

- Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contenidos tratados na aula.

PLAXIO: o plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, será motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Firmar na folla de asistencia por un/unha compañeiro/a ausente será penalizado coa perda da avaliación continua.
COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exámenes tamén será motivo de suspenso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes