Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A6 B13 B14 B15 B16 Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
-Expresión escrita propia e claridade expositiva
-Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
45
Saídas de campo A3 A5 A6 A8 A9 A11 B2 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 C5 C6 O titor/a da facultade será o único que realizará a avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado nos centros de practicum 50
Seminario A9 A11 B2 B11 Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc.
5
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia:


1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas  e portafolios.

Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (Xullo):
1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.

Cualificacións:
1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.
3. Non realizar as prácticas  e estando matriculado na materia supón un NP.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresonde con un 10 nas prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes