Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Traballo fin de mestrado (TFM)
   Contidos
Temas Subtemas
Procedemento para a elección de temas:
1-O profesorado presentará unha proposta de temas ou liñas para o TFM. Esas liñas serán publicadas na páxina web do mestrado
2-Ao comezo das clases o alumnado/a terá ese listado de temas ou liñas
3-Durante o primeiro mes de clases o alumnado/a, coa lista de temas, porase en contacto co profesor/a para acordar a dirección do TFM (lembrar que un profesor/a non pode dirixir máis de dous TFM).
4-o alumnado/a deberá elaborar unha proposta de proxecto. Esta proposta debe presentarase nos prazos que faga pública a Comisión Académica e dirixiranse ao Coordinador do Mestrado. Unha vez aprobado pola Comisión Académica publicarase unha lista cos alumnos/as, o/a titor/a e o título do Proxecto aprobado.
5-A comisión académica aprobará as datas tanto de preisncripción dos TFM, como tribunais dos TFM. Dita información aparecerá no taboleiro do mestrado, páxina web e a través do correo electrónico ao profesorado director dos TFM.
O Traballo Fin de Mestrado consistirá na realización por parte do alumnado dun traballo de cuxo obxectivo final é demostrar a suficiencia académica para a obtención do título de Mestrado. Esta materia está diseñada como estudo de profundización nalgún tema concreto dos tratados ao longo do Mestrado.
O estudante deberá utilizar para isto o conxunto de habilidades, destrezas e actitudes adquiridas ao longo das ensinanzas, valorándose o progreso e resultado da aprendizaxe dos aspectos igualmente importantes: dun lado, a orientación científica referida aos contidos e, doutro, a aprendizaxe das técnicas de investigación procura de información, selección de lecturas, sistema de fichas, citas a pé de páxina, etc.).
Asimismo valorarase a defensa pública ante un Tribunal cualificado composto por Doctores.
Nesta exposición pública, o alumno demostra as súas capacidades na expresión oral, na argumentación e capacidade de respuesta ás cuestións plantexadas polo tribunal avaliador así como das competencias específicas sinaladas no seu apartado correspondente.
Cada alumno terá un titor que dirixirá o proceso e o asesorará no seu desenvolvemento.
O traballo de fin de mestrado computará 6 créditos ECTS, que corresponderán, en exclusiva, ao traballo personal do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes