Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Deseño de proxectos educativos de centro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A6 A8 A11 B2 B9 B11 B13 B16 C2 C3 C4 Os critérios/requisitos mínimos a partir dos cales se avaliarán os traballos tutelados serán:

-O grao de profundidade coa que se traballe o contido.
-A utilización dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición.
100
 
Observacións avaliación
  1. O mestrado ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do
    curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas
    teña unha asistencia inferior ao 80% deberá realizar e entregar o traballo tutelado, así como as actividades que a docente considere, de modo
    individual no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado. Este traballo suporá o 20% da súa cualificación final e deberá realizar unha proba escrita cuxa cualificación se corresponderá co 80% restante da cualificación final. Este
    criterio é aplicable ao alumnado con recoñecemento de dedicación a
    tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga
    uso de dita dispensa.
  2. O traballo tutelado entregarase na data que se indique a inicio do
    curso. 
  3. No traballo tutelado a avaliación de cada membro do grupo (de ser o caso) variará en función
    da súa implicación continua na materia e na elaboración do traballo.
  4. Poden realizarse variacións na composición e número dos membros
    dos grupos durante a realización do traballo tutelado sempre negociadas coa
    profesora. 
  5. Non se admitirán propostas para o traballo unha vez finalizado o
    prazo de admisión fixado na documentación complementaria que se entregará na
    clase.
  6. A asistencia ás sesións de seguimento volcarase dentro do
    traballo tutelado.
  7. As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,
    o uso de texto ou ideas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo.  
  8. O traballo realizarase seguindo as pautas que se
    darán na clase.
  9. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes