Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Planificación estratéxica e cultura participativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B5 B7 B12 B15 C1 C6 Exposicións de tarefas reaiizadas , diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. 10
Discusión dirixida A2 A3 A7 B1 B5 B14 C6 Participación na aula en base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa. 10
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 B12 B13 C1 C6 Técnica de traballo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase polo estudo, a discusión, e a elaboración dun documento sobre un tema central da materia.
Esixe un traballo previo individual e autónomo sobre os documentos, asícomo a asistencia e participación na aula, formulando preguntas, explorando contradicións, achegando argumentos... co obxectivo de favorecer a reflexión crítica e a comprensión.
Valorarase o grao de participación, a calidade das achegas, a capacidade de crítica e reflexión.
70
Aprendizaxe colaborativa A2 A7 B5 B14 B16 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo 10
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes