Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Instrumentos para a avaliación de programas e servizos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartida polo/a profesor/a sobre os contidos xa citados na guía docente. Esta metodoloxía utiliza, exclusivamente, a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo.
Aprendizaxe colaborativa Esta formada por un conxunto de metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Concretamente, nesta metodoloxía configurásense grupos pequenos (non máis de 5 persoas). Cada alumno/a traballará para o grupo na resolución das tarefas que propón o profesor/a para así optimizar a súa propia aprendizaxe e o doutros membros/as do grupo.
Traballos tutelados A materia débese completar cun traballo practico que recolla todos os aspectos traballados nas clases. Para iso este traballo realizarase de xeito individual ou grupal. Se é grupal non pode ser máis de dúas persoas.
Obradoiro Con esta tarefa preténdese combinar outras metodoloxías, como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre un tema específico con apoio e supervisión do profesorado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes