Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Instrumentos para a avaliación de programas e servizos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B7 B13 B15 B16 C2 C6 Durante as sesións maxistrais o/a profesor/a realizará algún problema para que o estudante observe o proceso. Para a avaliación desta actividade terase en conta: o desenvolvemento da actividade, a axilidade na súa realización, a presentación, etc. 30
Aprendizaxe colaborativa A1 A5 B3 B6 B8 B10 B18 C5 C8 Como é unha metodoloxía para observar a aprendizaxe de cada estudante. Por iso, o/a estudante tera que: coñecer e manexar os ordenadores. Nesta metodoloxía convértese nun instrumento moi importante de avaliación, xa que o/a alumno/a para desenvolver outras metodoloxías aquí expostas, terá que optimizar a súa propia aprendizaxe e o do resto do grupo.
Como é complemento a outras metodoloxías aplicarase unha valoración proporcional sobre as seguintes tarefas: análises de fontes documentais, discusión dirixida e obradoiro. Tamén, hai que ter en conta que para que se compute a cada unha desas metodoloxías se debe cumprir os requisitos desas metodoloxías descritos nesta avaliación, como son: a capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de sínteses e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de investigación.
20
Traballos tutelados A8 B5 B19 B17 C1 O traballo vale o 50% da cualificación final sempre que se supere positivamente. Este traballo será a posta en practica do realizado en clase. Polo tanto, contará de 3 partes que serán presentadas ao alumnado o primeiro día de clases. Para a revisión do traballo en OBRIGATORIO a asistencia a catro titorías, aínda que se pode asistir a todas aquelas que o alumnado precise. As titorías serán sempre no horario establecido pola profesora. BAIXO NINGÚN CONCEPTO RELIZARÁSE TUTORIAS PARA ESTE TRABALLO EN HORARIO FORA DO ESTABLECIDO.
ESTE TRABALLO TERÁ QUE SER ENTREGADO O ÚLTIMO DIA DE CLASES ESTABLECIDO NO CALENDARIO ACADEMICO. TODO AQUEL TRABALLO QUE ENTREGESE FORA DE PLAZO NON SE ACEPTARÁ E TERÁ SUSPENSA ESTA PARTE E CON ISO TODA A MATERIA. AQUEL GRUPO QUE O ENTREGUE ANTES NON RECIBIRÁ A NOTA ANTES QUE TODOS OS DEMAIS GRUPOS.
50
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia terase en conta antes de nada o seguinte:

a-O ALUMNADO QUE ASISTA MENOS DUN 80% (3 faltas non xustificadas) Ás CLASES

SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME DE TODA A MATERIA. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realicen en clase. Por iso, este exame dividirase en dous partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as partes un aprobado (apróbase cun 5) La data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.

A DATA DE INICIO DESTA MATERIA É PUBLICA NA PÁXINA WEB DO MESTRADO E NO TABOLEIRO DO MESMO. O/A alumno7a que non se puxese en contacto co/coa profesor/a antes da data de inicio das clases e non asista a clase (sexa o motivo que sexa) dende o primeiro día. O/a profesor/a considerarao como alumno/a que asista menos dun 80% ás clases (coas condicións expostas ao comezo desta apartado) 

Os alumnos que por calquera motivo non asistan menos dun 80% a clase e comuníquenlo ao profesor/a. DEBEN PRESENTAR UN XUSTIFICANTE, nos seguintes termos:

 1-unha xustificación por enfermidade. Un xustificante médico cumprido correctamente.

2-por un emprego. O xustificante é unha fotocopia do traballo e un papel (cuberto correctamente) onde se indique que as horas de clase se solapen coas do traballo. Se se compren algún destes dous termos. O/A profesor7A adiantará co/coa alumno/a practicas que realizará en clase e avaliaraa como aos alumnos/as que asistan a clases.

PERO SENÓN CÚMPRESE ALGUNHA DESTA CONDICIÓNS O/A PROFESOR/A NON REALIZA NINGÚN TRABALLO EXTRA AO ALUMNO/A, NIN FÓRA DO PERÍODO DE CLASES ESTABLECIDO PARA ESTA MATERIA DESDE O MESTRADO. POR TANTO, SE O/A ALUMNO/A ATÓPASE NESTA SITUACIÓN É CONSIDERADO COMO UN/UNHA ALUMNO/A QUE ASISTE MENOS DUN 80% DE CLASES. 

b-As/Os ALUMNOS/AS QUE ASISTAN O 80% A CALSES NON TERÁN EXAME FINAL DA MATERIA.

A este alumnado aplicaráselles todo o exposto no apartado de avaliación. É dicir, cada metodoloxía e a súa descrición adecúase unha cualificación. A nota para estes alumnos/as nesta materia virá dada polo traballo que realicen ao longo da materia. Ao final da materia expoñerase no taboleiro do despacho do/a profesor/a a nota alcanzada por cada alumno/a nos distintos apartados a avaliar. Se o alumno/a quere mellorar a nota que expuxo o/a profesor/a no taboleiro ten que presentarse ao exame. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realicen en clase. Por iso este exame dividirase en dous partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as partes un aprobado (apróbase cun 5) A data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes