Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Study programme competences


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Ser capaz de identificar os diferentes fundamentos teóricos e metodolóxicos dun proxecto de educación democrática e crítica, facendo especial énfase nos dereitos humanos e a igualdade de xénero, desenvolvendo culturas da mediación e da paz.
  AJ2 Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais
  AJ3 Elaborar plans estratéxicos a nivel directivo e operativo para asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas.
  AJ4 Identificar os principios, modelos de excelencia e normas de xestión da calidade, aplicar os seus procedementos e redactar cartas de servizos.
  AJ5 Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos.
  AJ6 Desenvolver proxectos educativos de centro e/ou propostas pedagóxicas innovadoras baseadas na xustiza, a democracia e a diversidade.
  AJ7 Ser capaz de establecer estratexias de liderado e empoderamento dos distintos axentes sociais que favorezan un clima institucional óptimo.
  AJ8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
  AJ9 Capacidade para desenvolver procedementos e metodoloxías que potencien a interdependencia e unha comunicación fluída entre diferentes axentes educativos e culturais tanto a nivel interno como co social más amplo.
  AJ10 Ser capaz de impulsar e desenvolver estratexias que impulsen a cultura de traballo en rede.
  AJ11 Capacidade para fomentar e liderar a creatividade e innovación nas entidades e institucións promovendo proxectos orientados ao cambio de culturas profesionais.
  AJ12 Ser capaz de detectar necesidades de formación continua e da súa institucionalización como requisito asociado á mellora educativa.
  AJ13 Ser capaz de detectar axentes locais e as súas políticas culturais e educativas activas así como as súas prácticas máis innovadoras.
  AJ14 Adquirir destrezas para o diagnóstico de perfís competenciais idóneos dos equipos directivos, ofrecendo respostas axustadas a esa realidade.
TypeB Code  
  Compound
  BC1 Capacidade de análise e síntese
  BC2 Capacidade de resolución de problemas
  BC3 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
  BC4 Aprender a aprender
  BC5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión
  BC6 Capacidade de crítica e autocrítica
  BC7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
  BC8 Traballo colaborativo
  BC9 Capacidade de innovar
  BC10 Traballo autónomo
  BC11 Capacidade de organización e planificación
  BC12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BC13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BC14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BC15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BC16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BC17 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BC18 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BC19 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse.
  BC20 Valorar a importancia que ten a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
  CC2 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinais) relacionados coas súas áreas de estudo.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes