Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos B7 B8 C4 Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. 10
Saídas de campo A9 B2 B5 B12 B13 C7 Refírese ao período de asistencia ao centro onde se realizarán as prácticas. Precísase a avaliación positiva do titor/a do centro para poder pasar á segunda fase da avaliación. 45
Traballos tutelados A7 B6 B10 B11 Metodoloxía diseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cosas”. Constituie unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en duos elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
45
 
Observacións avaliación

O
proceso de avaliación consta de dúas fases. En primeiro lugar, o/a
titor/a do centro deberá emitir un informe sobre o desenvolvemento das
prácticas que suporá un 45% da nota final. Se o informe é favorable, a
persoa titora da universidade valorará a memoria -45%- e a participación
en xornadas/reunión -10%-. Para aprobar a materia será necesario que o
alumnado supere cada un dos apartados

Para a cualificación da memoria teranse en conta os seguintes aspectos:

* Cuestións formais (10%)

* Proposta de acción (60%)

* Reflexión do proceso e implicacións educativas (30%)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes