Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
 Asignaturas
  Didáctica dos espazos culturais en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo B2 B12 C4 C7 As actividades previas e posteriores ás saídas a centros de interese cultural serán obxecto de avaliación, valorándose a participación activa e a calidade na realización das tarefas encomendadas. 40
Sesión maxistral A1 A16 B1 B15 C6 C8 Realizarase unha proba simple, individual, no que o alumnado demostre a comprensión e asimilación dos contidos básicos tratados. 10
Traballos tutelados A3 A8 B1 B4 B11 C1 O proceso de deseño e elaboración dos traballos, os resultados dos mesmos, así como a exposición oral, serán obxecto de avaliación. Terase en conta a idoneidade do tema escollido e o seu desenvolvemento.
Realizaranse por parellas, quedando ao criterio da docente a posibilidade de realizalos individualmente.
50
 
Observacións avaliación

O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.

Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación.

O alumnado con matrícula a tempo parcial será avaliado polo traballo tutelado e a proba individual, da mesma maneira que aqueles/as que non cumpran coa asistencia do 80%. Así mesmo, deberán seguir as indicacións da profesora para suplir a realización das saídas de campo. A nota final será a media das cualificacións obtidas, requiríndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes