Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
 Asignaturas
  Aplicación das TIC na Innovación Educativa 
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Será necesario que o alumno/a adquirise previamente competencias dixitais básicas a nivel de usuario dos medios informáticos e telemáticos (elaboración de textos e presentacións dixitais, edición básica formatos dixitais, texto, imaxe, audio, vídeo, navegación e comunicación en Internet, seguridade na rede).

- Constancia no traballo ao longo do cuadrimestre. A materia require gran dedicación, pero se esta dedicación é continuada o alumnado chegará ao final do cuadrimestre coa preparación necesaria para superar a materia.

- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura a orientación no seu estudo por parte do profesor e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo. Nas sesións de todo o grupo exponse os aspectos a traballar nas prácticas de laboratorio.

- Seguimento e dedicación en todas as prácticas de laboratorio e nas prácticas obrigatorias xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.

- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante coas profesoras).

- Uso adecuado das tutorías ao longo do cuadrimestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes