Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e Innovación en Didáctica da Matemática 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 Valorarase a clararidade, a habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 15
Aprendizaxe colaborativa A8 A13 A17 B2 B3 B12 C3 C4 C7 Valorarase as comunicacións e a intervención na aula como o traballo diario e recollido na aula. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A16 A17 A18 B8 B13 C1 C3 C4 C5 C6 Valorarase a metodoloxía, os resultados, a argumentación, as conclusións e a dificultade do tema elexido.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento."
55
 
Observacións avaliación
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais será avaliado:
- por unha proba individual (exame) que será un 50% da cualificación, e

- un traballo de investigación individual que será un 50% da cualifiación final.
Tendo en conta que a cualificación mínima para que estas dúas partes compute na cualificación final sexa de 5.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes