Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Traballo por Proxectos en Educación Física 
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Análises de fontes documentais, aprendizaxe colaborativa e traballos tutelados:

Análise de fontes documentais:
- Realizarase de forma individual, en pequeno ou en gran grupo que traballarán a partir de distintos documentos escritos ou audiovisuais sobre aspectos relacionados coa materia.

Aprendizaxe colaborativa:
- Durante a realización deste traballo en gran grupo a profesora atenderá a todas as dúbidas que poidan xurdir a través das canles habilitadas para este efecto, potenciando na medida do posible, o traballo autónomo do alumnado.

Traballos tutelados:
- Dedicarase un tempo para todo o grupo no que se explicará en que consiste os traballos.
- Previo á entrega os grupos, si o consideran preciso, reuniranse coa docente. Así se establecerá a validez do deseño e contidos de traballo para a súa entrega, establecéndose as correccións oportunas para realizar á exposición.

A profesora orientará os traballos individuais, en pequenos ou gran grupo a través das diferentes canles segundo sexa necesario (Moodle, Teams ou mail).

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes