Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Intervención Didáctica en Espazos Culturais 
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Intervención Didáctica en Espazos Culturais  Código 652534020
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Profesorado
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Na educación regrada e nos ámbitos da educación non regrada estase a dar un incremento das relacións entre docentes/educadores e os contextos culturais de diferentes ámbitos, nun diálogo enriquecedor que se nos ofrece como interesante potencial educativo. Ademais, constitúen un importante xacemento de emprego con novas figuras profesionais e especificamente aquelas relacionadas co ensino non regrado e co ámbito da comunicación dos coñecementos sociais e culturais. O coñecemento destes espazos culturais e a activación de recursos didácticos en relación con eles, é o eixo principal desta materia, caracterizada por unha orientación práctica e vivencial.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Análise de fontes documentais - Aprendizaxe colaborativa - Obradoiro - Saídas de campo - Sesión maxistral - Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizarán cambios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a través dos foros. Teams: 1 sesión semanal ou mais segundo o demande o alumnado para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, sempre no horario da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (40%) - Realización dun traballo en parella que será presentado de forma oral a través de Microsoft Teams nas últimas sesións. Saídas de campo (60%) - Prácticas elaboradas a partir da realización de itinerarios virtuais, da análise de páxinas web de institucións culturais, así como de observacións indirectas de espazos culturais. *Observacións de avaliación: Ao alumnado que non superara a avaliación continua, orientaráselle para a mellora daquela tarefa ou tarefas nas que non se acadara a máxima puntuación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes