Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
 Asignaturas
  Novas Tendencias na Educación Ambiental 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A10 A11 A13 A15 B8 C1 Terase en conta a amplitude da revisión bibliográfica realizada, así como a relevancia das reflexións e panorámicas realizadas sobre o tema elixido. 20
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B11 C5 Valorarase a capacidade de análise, argumentación e resolución sobre as tarefas presentadas, e o grao de participación e colaboración no traballo en grupo.
10
Proba mixta A7 B1 B6 C12 Valoraráse a capacidade do alumnado de aplicar (análise e síntese, argumentación, crítica...) os coñecementos adquiridos ao longo do curso no deseño de actividades destinadas á alfabetización científica ambiental. 50
Traballos tutelados B2 B5 C2 C6 C7 C11 C12 C13 A iniciación á investigación e/ou innovación demanda a presentación dun traballo persoal, reflexivo, orixinal e xustificado, no que tamén se valorará a coherencia interna do mesmo.
20
 
Observacións avaliación
No caso dos estudantes que asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba mixta estará incluído na avaliación dos traballos tutelados, aos que lles corresponderá o 70% da cualificación.
Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais deberá ser avaliado, además de polos traballos, pola proba mixta. Neste caso os dous ítems da avaliación (traballo e proba individual) terán unha ponderación do 50%, esixíndose cadansúa nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia (que deberán comunicalo a primeira semana de clase) serán avaliados a través dun traballo e dunha proba individual, o mesmo que aqueles estudantes que non cumpran a asistencia do 80% das sesións presenciais. A nota
final no caso deste alumnado será a media das cualificacións obtidas, solicitándose tanto no traballo como na proba unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes