Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Organización e Autonomía dos Centros Escolares
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Organización e Autonomía dos Centros Escolares Código 652536001
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia "Organización e Autonomía dos Centros Escolares" impártese no 1º cuadrimestre. Esta materia busca desenvolver no alumnado capacidades de análise, avaliación, interpretación, actuación e reflexión sobre a organización e a autonomía dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotados de características singulares que requiren da elaboración, desenvolvemento e seguimento de proxectos educativos propios. Isto fai que sexan espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional e institucional, a práctica da democracia e o compromiso constante coa mellora da educación e coa equidade. Con ela búscase comprender en que consiste a autonomía e que marxe de autonomía teñen en España e noutros países europeos os centros escolares. Así mesmo, preténdese reflexionar sobre o modelo de dirección máis axeitado para promovela, as súas implicacións para o funcionamento dos centros, a medida en que permite responder á diversidade do alumnado e favorecer o desenvolvemento profesional do profesorado e o compromiso co funcionamento democrático dos centros e coa equidade. O seu contido garda relación con boa parte das asignaturas do Mestrado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes