Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos Código 652536002
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web http://Véase la asignatura en la plataforma Moodle de la UDC
Descrición xeral O desenvolvemento das sociedades do mundo e da convivencia humana a través do tempo, ata o actual período histórico de modernidade tardía, serve de telón de fondo para comprender o papel chave que xoga a convivencia e a mediación e resolución de conflitos nas institucións educativas. Trátase de situar a convivencia no seu xusto marco de aproximación conceptual e de elaboración práctica e activa, pois dito marco é máis amplo, complexo e dinámico do que a miúdo parece: transcende a cultura escolar e as distintas institucións educativas en xeral, englobando outros ámbitos formais e non-formais de acción e produción socio-cultural, como son a educación en familia, a cultura popular da comunidade local, os medios de comunicación de masas, e as diversas ámbitos institucionais do Estado. As institucións educativas están inseridas neste grande marco socio-político e cultural, un que, a súa quenda, se atopa inmerso noutro contexto aínda máis amplo de política internacional e transnacional que se move ao ritmo dun sistema económico cada vez máis globalizado: o capitalismo neoliberal. Neste escenario mundial de ámbitos tan interdependentes e complexos —e de recursos naturais finitos—, a conflitividade xorde desde os desequilibrios de poder entre colectivos e individuos con intereses diverxentes, desequilibrios reflectidos nos propios sistemas educativos. Mais non son os conflitos, per se, o que ameaza o benestar, pois os conflitos son un aspecto natural das relacións humanas. A violencia xorde das formas en que ditos conflitos sexan afrontados. Se son intervenidos de xeito pacífico, poden incluso resultar creativos e produtivos á hora de procurar desde as comunidades educativas e locais unha convivencia cosmopolita que respecte a diferenza produto da diversidade de experiencias e procedencias, de crenzas, ideoloxías e identidades, de orientacións persoais e das prácticas culturais das persoas integrantes das comunidades locais. O alumnado desta materia aprenderá a afrontar con creatividade este escenario a través da cultura da paz e da nonviolencia para así fomentar, desde a dirección dos centros educativos, unha convivencia óptima tanto nos ámbitos institucionais participados, como, por extensión, nas comunidades multiculturais que os rodean.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes