Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Investigación Cuantitativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Investigación Cuantitativa Código 652536006
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro para seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha relación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Toda isto non ten sentido senon nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/oa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas metodoloxías que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais metodoloxías que poden ser aplicadas ao ámbito educativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes