Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Simulación A7 A12 A34 A37 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula. 20
Proba mixta A7 A10 A30 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do 80%.

Portafolios do alumno/a (grupal):

Constará de tres partes:

1) Na que se recollerá a actividade realizada no grupointeractivo (en base ao suposto que se facilite e as fases de desenrolo de este),así como unha reflexión grupal das competencias adquiridas atendendo tamén aoseu desenvolvemento ao escenificalo na aula.

2) A avaliación que fan do seu propio traballo (unha notanumérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáis compañeiros/as naaula (unha nota numérica que deberán argumentar).

3) A avaliación da asignatura incidindo sobre todo nosaspectos de mellora.

IMPORTANTE: Será necesario obter alomenos o 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura.

1.     Na Proba mixta é preciso tener como mínimo un 50% da
cualificación.

2.     No Portafolios grupal tamén é necesario alcanzar como
mínimo o 50% da calificación. No portafolios, a avaliación pode ser diferente
para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ó grao de implicación
mostrado por cada persoa.

3.     Na Simulación é obrigatorio alcanzar polo menos o 50%
da cualificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para
poder ser avaliados/as.

En caso de no aprobar una de las metodologías, la calificación final de la materia será como máximo de 4 puntos.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensade asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidadede avaliación continua ou optar por asistir ao exame final cunha cualificación(calificación do 100% da nota).

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de non presentado na materia.

3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

ALUMNADO NON ASISTENTE

Neste caso a avaliación consistirá nunha proba de carácter mixto:

- Un exame tipo test que terá un peso na avaliación final do 40%

- Unha parte de preguntas de resposta breve que terá un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada unha das partes para poder sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para ocurso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba doperíodo oficial de avaliación.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Ante a detección de conductas indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se establece a:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes