Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Educación e linguas en Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A13 A13 Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. 10
Estudo de casos A13 A13 Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. 30
Foro virtual A13 A13 Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese.
No caso de que esta metodoloxía fose adaptada, a súa porcentaxe na avaliación será asumida polos estudos de caso e a proba de ensaio.
30
Proba de ensaio A13 C1 C4 Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos téorico-prácticos vistos nas sesións presenciais. 30
 
Observacións avaliación

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en
relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva. 

As persoas que non asistiren ao 80% das sesións presenciais, deberán realizar todas as actividades individualmente para poderen ser avaliadas.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada (decembro) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba de ensaio final.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA

Segundo o establecido na " Norma que regula o réxime de dedicación ao esetudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobado polo Consello Social do 04/05/2017), o estudantado con recoñecemento de dispensa académica:

 i.         Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non for posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle sexa concedido o recoñecemento.  

ii.         Terá que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase o exercicio considerarase non realizado. No caso de se tratar dun exercicio de realización obrigatoria, o/a estudante será cualificado como NON PRESENTADO/A

iii.         A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes, na segunda oportunidade deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba) na primeira oportunidade. Se se suspender algunha actividade a cualificación final será a media ponderada das actividades, sempre que esta non supere o 4; de a media ser superior a 4 valores sobre 10, a cualificación final nesa convocatoria será de 4.

------------

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación

, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, si for necesario. 

------------

Perspectiva de xénero

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes