Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A33 A34 A35 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
Traballos tutelados A32 A33 A34 A35 O profesorado titor da Facultade realizará a avaliación do contido da memoria do practicum cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
50
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade de avaliación:


A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10).
A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade.

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

Na segunda oportunidade de avaliación:

- A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte
na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. Non
presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación
un suspenso na primeira oportunidade.

- As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas
mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para
reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto ás
cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro: o alumnado pode pedir
que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da
«grella» de avaliación por parte do seu profesorado titor de facultade, na data
de revisión para a súa cualificación na materia. 

-Non realizar ás
prácticas estando matriculado na materia supón un NP.

Importante: Na memoria de prácticas considerarase a corrección na
expresión e na ortografía. Por outra banda, o plaxio será causa da suspensión
da actividade avaliada, en coherencia co artigo artigo 14.4 das NORMAS DE
AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS DE ESTUDOS DE PREGRADO E MÁSTER, aprobado polo Consello de Goberno o 19
de decembro de 2013 e modificado o 29 de xuño de 2017..

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes