Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Subjects
  Final Dissertation
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects a) Planificación curricular contextualizada en diferentes formatos temporais (dun curso ou dun trimestre dunha materia da ESO ou do bacharelato; b) Deseño dunha unidade didáctica que deberá ser ensaiada na aula durante o período das prácticas en centros; c) Deseño e desenvolvemento dunha investigación sobre un proxecto de innovación e mellora no marco da didáctica específica da especialidade cursada; d)Eelaboración dun plan de actuación nalgún dos eixes transversais do currículo, que deberá ser ensaiado durante o período das prácticas en centros; e) Planificación exhaustiva dunha saída de campo ou dun proxecto que permita conectar os contidos das materias de xeito interdisciplinar cos recursos educativos do contorno; f) Elaboración de materiais didácticos específicos ou de innovación educativa, ou ben de recursos e ferramentas tecnolóxicos (software, hardware, mecánica etc.) de uso educativo.
Oral presentation SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que: a) facer a solicitude de defensa e subir unha copia do traballo na súa secretaría virtual e b) presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFM, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 20 minutos e o tribunal disporá de 20 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para a exposición.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes