Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Complementos de formación para o ensino das ciencias I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 A17 C1 C3 C4 C6 Examen final sobre os contenidos da materia.
Valorarase:

Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
50
Aprendizaxe colaborativa A15 A17 C1 C3 C4 C5 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As tarefas consisitirán na realización de proxectos de diversa natureza, como unidades didácticas, tarefas integradas, aprendizaxe servizo, ou outras, que serán indicadas en cada curso académico.
25
Estudo de casos A17 A15 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os casos de estudo tratarán sobre os aspectos epistemolóxicos e non epistemolóxicos da Ciencia e dos científicos. 25
 
Observacións avaliación

A cualificación será a media ponderada das notas das actividades realizadas durante o curso e da nota da proba obxectiva final realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

De acordo coas indicacións da UDC, lémbrase que a normativa académica
establece que "A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada implicará directamente a cualificación
de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será
cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente ao curso académico, tanto si a comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira
oportunidade, se fose necesario".

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica
O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, obtido e notificado ao profesorado segundo a normativa universitaria,terá que realizar todas as actividades propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas polo docente, utilizando o Moodle da materia no campus virtual da universidade. Ademáis, deberá realizar presencialmente a proba obxectiva final nas datas oficiais de examenes sinaladas polo centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes