Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Subjects
  Didactics of the physics and chemistry
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticos. Ademais, procurarase interaccionar co alumnado a partir da formulación de interrogantes e para discutir e xustificar a idoneidade do novo coñecemento fronte a posibles interpretacións menos axeitadas
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial, tanto en pequeno coma en gran grupo, presentadas e orientadas pola profesora, intercambio de ideas entre o alumnado e discusión/debate destas.
Inclúese neste tipo de metodoloxía: os eventos científicos e/ou divulgativos (asistencia a seminarios, xornadas, etc.), lecturas de libros, artigos e outros textos, saídas de campo ou actividades fóra da facultade, etc.
A docente proporá solución de problemas a partir dos contidos traballados nas sesións ou ben de casos de actualidade científica.
Ao longo do curso o profesorado poderá pedir aos alumnos as exposicións orais dos traballos realizados individualmente ou en grupo, propoñer preguntas, solicitando aclaracións, etc. ou sobre a tarefas levadas a cabo nas sesións.
Supervised projects Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma do alumnado a nivel individual e grupal. Elaboración fundamentada de propostas concretas de intervención na aula en pequeno grupo, baixo a supervisión da profesora e avaliación da súa idoneidade.
Oral presentation Presentación e debate por parte do alumnado de propostas de ensino aprendizaxe de elaboración propia, relativos a temas concretos de Física/Química.
Document analysis Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Mixed objective/subjective test Proba individual a realizar na data acordada oficialmente, que pode integrar preguntas de resposta breve (identificación de contidos relevantes, descrición de dificultades de aprendizaxe sobre un tópico concreto...) e/ou preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe dos contidos de Física/Química na educación secundaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes